Abel Caballero nega o sobrecusto do Halo e anuncia que no seu primeiro fin de semana funcionando acolleu a 25.000 persoas

O alcalde de Vigo confirmou tamén que, ao longo do presente mandato, completarase a vertebración da zona coa posta en marcha das ramplas mecánicas do Escultor Gregorio Fernández e coa instalación de ramplas desde García Barbón ao ascensor. Ademais, insistiu en que haberá tamén unha conexión mecánica entre Praza de América e Praza de España.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/02/2024 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia