Xulgan a cinco integrantes dun clan familiar dedicado á venda de droga nas proximidades nun instituto de Noia

O Ministerio Público considera aos cinco acusados culpables dun delito de tráfico de drogas, e aos catro membros da familia culpables dun delito de integración en grupo criminal. Por iso, pide para eles penas que van desde o seis ao sete anos e medio de cárcere e multas de ata 138.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2024 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro luns e martes a cinco integrantes dun grupo criminal familiar dedicado á venda de droga na área de Noia. Segundo recolle o escrito de acusación de Fiscalía, os acusados, polo menos desde o ano 2019, dedicábanse, de forma coordinada, á venda de drogas, sendo catro deles integrantes do mesmo núcleo familiar (pais e fillos).

Ademais de nesta ocasión, os integrantes deste clan familiar foran investigados xa no ano 2017, cando foi identificado a cabeza de familia como a persoa que vendía droga nas inmediacións dun colexio en Noia. En 2018, tanto o xefe como os seus dous fillos foron identificados tamén por vender droga nas portas do Instituto San Alberto de Noia.

No ano 2019, os axentes retomaron as investigacións sobre as vivendas e movementos dos catro integrantes do clan, o que lle permitiu trazar nexos cunha quinta persoa tamén se dedicaba á venda de drogas. En distintos rexistros de vivendas e vehículos, os axentes atoparon distintas cantidades de marihuana, cannabis, cocaína, MDMA, metanfetamina, ketamina e ayahuasca, así como armas, teléfonos ou diñeiro.

O Ministerio Público considera aos cinco acusados culpables dun delito de tráfico de drogas, e aos catro membros da familia culpables dun delito de integración en grupo criminal. Por iso, pide para eles penas que van desde o seis ao sete anos e medio de cárcere e multas de ata 138.000 euros.

'Trapicheo' de drogas
'Trapicheo' de drogas | Fonte: Cuartoscuro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta