A Xunta convoca 1.200 prazas nos cursos preparatorios para obter os certificados Celga a dous días das eleccións

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2024 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O plan de formacion en lingua galega da Xunta continúa a súa aposta por combinar a preparación presencial e en liña para chegar a calquera lugar facilitando, deste xeito, o acceso ao coñecemento do galego a todas aquelas persoas interesadas en preparar as probas que certifican a competencia nesta lingua.

Así se recolle este venres na resolución que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. En total, o Goberno galego convoca 40 cursos tutorizados (nove presenciais e 31 en liña) preparatorios das probas para a obtención dos certificados en lingua galega Celga 2, 3 e 4, o que supón un total de 1.200 prazas.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes de inscrición, tanto de cursos presenciais como en liña, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística entre o 19 de febreiro e o 8 de marzo. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.

Exames Celga
Exames Celga | Fonte: XUNTA - Arquivo

PROBA DE NIVEL

Como novidade, e co fin de conseguir o rendemento adecuado do curso, cando a persoa interesada solicite o curso no que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega. O resultado positivo da proba actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso.

As persoas que, doutra banda, non superen a proba, poderán inscribirse igualmente no devandito curso, aínda que non terán preferencia na asignación das prazas. No caso de que algún dos cursos teñan máis solicitantes que prazas, a asignación destas será por sorteo e nunca por orde de entrada de solicitudes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta