Abascal, ante a acusación do PP de que Vox fai pinza co PSOE: "Pero que pinza nin que merda? Argumento de saldo"

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/02/2024 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

O líder de Vox, Santiago Abascal, desprezou este xoves a acusación vertida polo PP de que a súa formación fai "pinza" co PSOE, tachándoa de "argumento de saldo" e alegando que son os 'populares' os que teñen puntos en común e pactan cos socialistas. "Pero que pinza nin que merda?", preguntouse.

Nun mitin en Vigo, no marco da campaña para o 18F, Abascal tachou a idea da "pinza" co PSOE de "delirante" e argumentou que Vox sempre arremeteu contra os socialistas e a ideoloxía que propugnan, que considera "unha calamidade, unha catástrofe e un drama".

Así, lembrou as eleccións xerais do 23J, fai menos dun ano, e pediu comprobar o que Vox dicía do PSOE nos seus mitins, deslizando que os seus ataques ao partido de Pedro Sánchez son tan duros que o propio Abascal podería acabar "na Fiscalía". Isto contrapúxoo coa postura do líder 'popular', Alberto Núñez Feijóo, que nesa campaña pediu "pactos" ao presidente. Por tanto, preguntouse "quen fai unha pinza" co PSOE. "A pinza permanente é a do PP", subliñou.

"Estar contra o PSOE non é calar os erros do PP", continuou Abascal, que engadiu que Vox non pode "calar ante a mentira e a estafa permanente do PP".

O presidente de Vox, Santiago Abascal, nun mitin en Vigo.. PEDRO DÁVILA
O presidente de Vox, Santiago Abascal, nun mitin en Vigo.. PEDRO DÁVILA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta