Todas as residencias galegas empregarán un único rexistro electrónico de usuarios a partir do 5 de marzo

Todas as residencias de maiores e centros de persoas con discapacidade de Galicia estarán obrigadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2024 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Todas as residencias de maiores e centros de persoas con discapacidade de Galicia estarán obrigadas, a partir do 5 de marzo, a levar un único rexistro electrónico de usuarios que habilitará a Xunta. Así figura no decreto que publica este mércores o Diario Oficial de Galicia (DOG), que modifica a normativa do ano 2011. A redacción anterior do decreto xa obrigaba a que cada centro leva un rexistro e un expediente individual de casa usuario, pero o habitual era que se custodiasen nas propias instalacións.

Esta modificación, que entrará en vigor dentro de 20 días --o 5 de marzo--, chega despois da experiencia da pandemia da covid-19, cando a Administración autonómica tiña que coñecer e rexistrar diariamente as infeccións dos residentes destes centros.

Así, como se empezou mediante un sistema de comunicacións electrónicas e telefónicas, posteriormente a Consellería de Política Social puxo en marcha a aplicación 'CENRES' para poder notificar a situación sanitaria dos usuarios.

Esta experiencia, tal e como explica a exposición de motivos do decreto publicado no DOG, puxo de manifesto as vantaxes de contar cun sistema dixital a disposición da administración, para poder ter un control continuo e permanente da situación de cada centro, así como para ter unha mellor coordinación sociosanitaria.

A información que deberán recoller os centros nese rexistro electrónico son aqueles datos mínimos necesarios para identificar a cada usuario --nomee e apelidos e DNI--, así como as datas de alta e baixa no centro, e causas desta última circunstancia. En calquera caso, os servizos sociais que non teñan a obrigación de empregar este soporte dixital que habilita a Xunta poderán empregalo de forma voluntaria.

Dúas persoas maiores pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo / Carlos Castro - Europa Press.  / Europa Press
Dúas persoas maiores pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta