Comesaña di que Sanidad tivo "un momento de cordura" tras acceder a revisar os criterios para formar máis médicos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2024 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, celebrou que o Ministerio de Sanidade accedese a "abrir unha vía de traballo" para revisar os criterios de acreditación das unidades docentes para poder formar a máis médicos de familia, "tras seis anos sen mover un dedo".

En declaracións aos medios este sábado en Monforte de Lemos, o responsable do departamento autonómico valorou a reunión celebrada este venres do Consello Interterritorial de Sanidade onde, apuntou, o Ministerio tivo "por fin un momento de cordura".

"Tras seis anos reclamando todas as comunidades autónomas que se abordase dunha vez ao que se comprometeu o Ministerio en 2018 de revisar os criterios, despois de seis anos sen mover un dedo neste sentido, ante a presión de todas as comunidades, ao Ministerio non lle quedou máis remedio que abrir unha vía de traballo", sinalou Comesaña.

O conselleiro lembrou que se trata dunha cuestión "fundamental" para poder formar a máis médicos de familia e, así, "resolver o maior problema que ten a sanidade pública en Galicia e en España, que é a falta de médicos".

O conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio García Comesaña (C), reúnese cos alcaldes do distrito sanitario de Pontevedra
O conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio García Comesaña (C), reúnese cos alcaldes do distrito sanitario de Pontevedra | Fonte: Gustavo de la Paz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta