Sandra Ortega incorpora aos seus fillos ao consello de administración de Rosp Corunna

A filla maior de Amancio Ortega é a segunda persoa máis rica de España, só detrás do seu pai.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2024 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A administradora de Rosp Corunna, Sandra Ortega, cambiou o órgano desta sociedade para crear un consello de administración no que incorpora aos seus tres fillos Uxía, Antía e Martín Gómez Ortega.

Así figura no Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme) deste xoves, no que se recolle que Sandra Ortega deixa de ser a administradora única desta sociedade que xestiona os seus activos para pasar a copresidirla xunto á súa filla, Uxía Gómez Ortega.

Nestas modificacións estaturias tamén se pasa a contar cos seus fillos Martín e Antía como conselleiros, así como co asesor de Sandra Ortega, José Antonio Fresnedo Amado. Nerea Rebolledo Torrens exercerá de secretaria e asesora. Así mesmo, Sandra Ortega e Fresnedo Amado exercerán de conselleiros delegados solidarios, segundo os datos do Borme.

Sandra Ortega é a segunda persoa máis rica de España --única muller entre os cinco primeiros postos da lista--, segundo a lista Forbes, só por detrás do seu pai, Amancio Ortega. Segundo datos de 2023, a súa fortuna creceu ata os 7.100 millóns de euros.

Sandra Ortega
Sandra Ortega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta