A produción industrial galega aumenta case un 2% en 2023

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2024 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

A produción industrial galega creceu un 1,9% ao longo de 2023 en comparación con 2022, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este incremento contrasta coa caída media do 0,8% no país. Canarias rexistra o maior incremento de 2023, cunha alza do 5,6%. No outro extremo, Murcia anotouse un descenso do 8%. Deste xeito, Galicia volve á senda de crecemento do Índice de Produción Industrial (IPI) en 2023, xa que sufrira unha caída do 1,4% no acumulado de 2022.

En concreto, a produción dos bens de equipo é a que máis crece (9,8%), seguido de enerxía (7,6%). En cambio, descenden tanto os bens intermedios (-4%) como os bens de consumo (-2,7%). En canto ao mes de decembro, a produción industrial de Galicia retrocedeu un 1,5% en comparación co mesmo mes de 2022. O descenso é menos acusado que o 4% de baixada da media española.

IPI de Galicia
IPI de Galicia | Fonte: EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta