Doce traficantes de drogas da área de Santiago non entrarán en prisión tras un acordo coa Fiscalía

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2024 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, tiña fixado para a mañá deste luns o xuízo contra 12 acusados de tráfico de drogas na contorna de Compostela, para os que Fiscalía pedía penas de entre 4 e 6 anos de prisión.

Finamente, a vista non se celebrou porque todos os procesados chegaron a acordos co Ministerio Público para, tras recoñecer os feitos e ver rebaixada a súa condena que, ademais, quedou suspendida baixo a premisa de que non volvan delinquir. Dous dos procesados atópanse en prisión, aínda que por feitos distintos aos que se xulgan.

As conversacións para alcanzar un acordo prolongáronse durante boa parte da mañá nos xulgados de Fontiñas e, finalmente, todos os acusados adscribíanse a un pacto con Fiscalía. Os feitos polos que estaban citados remóntanse ao ano 2017, cando os procesados foron obxecto de varias redadas policiais na área compostelá nas que se incautaron de diversas cantidades de droga.

Segundo considera Fiscalía, catro dos acusados fornecían das sustancias estupefacientes a dous dos procesados, mentres que outro cinco cooperaban na distribución a terceiras persoas mediante prezo establecido polos adquirientes.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta