Los Planetas celebran o seu 30 aniversario no Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa

O vindeiro martes 6 de febreiro darán a coñecer novas confirmacións

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2024 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Los Planetas celebrarán o seu 30 aniversario no Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de xullo na praia da Cuncha. "A maxia volverá ao noso recinto principal a tan só uns metros do mar e do centro da cidade con todas as comodidades que iso implica en servizos e transportes (estación de tren e autobús a tan só uns metros). E contaremos de novo coa nosa zona de acampada no Cámping Río Ulla, gozando así de todas comodidades e servizos dun cámping de primeira categoría. Desde alí poremos buses gratuítos ata o recinto do festival", explican nun comunicado.

Destacan ademais que o escenario do festival sexa o lugar escollido polos Planetas para celebrar os 30 anos do seu disco debut, Super 8, "que marcou a toda unha xeración e segue cativando a novos seguidores cada día". "Este disco dos Planetas non é só o brillante inicio da súa carreira, é moito máis, simboliza o éxito da música independente do noso país", remarcan.

A organización avanza que o vindeiro martes 6 de febreiro darán a coñecer novas confirmacións e que o próximo 9 de febreiro ás 9,00 horas, a través da páxina web www.atlanticfest.com, poderán adquirirse as entradas ao prezo de 40 euros só durante as primeiras 24h. Os nenos menores de 12 anos teñen entrada gratuíta. A autorización de menores pódese descargar tamén na páxina web.

Imaxe aérea da Illa de Arousa durante a celebración do Atlantic Fest. ATLANTIC FEST
Imaxe aérea da Illa de Arousa durante a celebración do Atlantic Fest. ATLANTIC FEST

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta