18F.- Formoso destaca a aposta de Besteiro por "reequilibrar a Galicia interior"

O secretario xeral do PSdeG manda unha mensaxe de optimismo desde Valdeorras: "Outra provincia de Ourense é posible"

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/01/2024 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, mantivo este martes unha reunión de traballo no Barco de Valdeorras, desde o que destacou a aposta do candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, e o PSdeG por multiplicar o investimento en servizos públicos e en infraestruturas para "reequilibrar a Galicia interior".

Na súa intervención, da que informou o PSdeG nun comunicado, Formoso expuxo a necesidade de mellorar os servizos públicos na comarca, en concreto unha "mermada" sanidade pública que "sufriu recortes nos servizos que se dan no Hospital Comarcal".

Para iso, apuntou que "o PSdeG se presenta coa idea de que o Eixo Atlántico cooperar en equilibrar e axude a mellorar as posibilidades do eixo interior de Galicia. "Lugo e Ourense necesitan que multipliquemos os investimentos non financeiros da Xunta para mellorar os servizos públicos como a sanidade", manifestou.

Formoso apostou por darlle ferramentas para defenderse, infraestruturas, boas conexións e servizos públicos de calidade. Ademais, puxo en valor que afrontan estas eleccións "cunha mensaxe clara a esta terra de optimismo" e "ilusión". "Porque outra provincia de Ourense é posible, pero todo pasa por pór todos os esforzos de Galicia en reequilibrar o eixo interior de Galicia que vai ser unha obsesión para o PSdeG e para Besteiro, unha liña estratéxica do seu discurso e do seu programa", dixo.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en O Barco (Ourense). PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en O Barco (Ourense). PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta