A patronal galega di non ter "medo" a un goberno BNG-PSOE: "Necesitamos un goberno estable, sexa o que sexa"

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, insistiu en demandar medidas desde o punto de vista fiscal ou laboral que "non prexudiquen á actividade económica e ao crecemento das empresas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2024 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, dixo non ter "medo" a un hipotético goberno liderado por BNG e PSOE e defendeu que o que necesita o sector empresarial é "un goberno estable". A preguntas dos medios tras manter un encontro co candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, Vieites sinalou que non teñen "medo a nada", mentres haxa "un goberno que sexa estable".

"Por tanto, non temos medo a nada, a condición de que o goberno sexa estable, poña as medidas adecuadas para que as empresas poidan competir, desenvolverse e crecer", resolveu. Para iso, insistiu en demandar medidas desde o punto de vista fiscal ou laboral que "non prexudiquen á actividade económica e ao crecemento das empresas". Cuestionado sobre se un goberno estable sería un executivo "dun partido único" ou un bipartito podería ser un goberno estable, o presidente da patronal insistiu en que "un goberno estable é un goberno estable". "Sexa o que sexa", resolveu.

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, en rolda de prensa
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta