Queres saber cales son as 500 prazas convocadas como funcionario na Xunta?

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2024 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a convocatoria de 487 prazas de emprego público de acceso libre na administración galega.

Segundo explican nun comunicado, son 17 prazas na escala superior de finanzas (A1); 18 prazas na escala técnica de finanzas (A2); 93 na escala de veterinarios (A1); 14 prazas na especialidade de bioloxía (A1); 29 na especialidade de medicina (A1).

Doutra banda, convócanse dúas prazas na escala de subinspección urbanística (A2); 42 prazas na especialidade de enfermaría (A2); 21 na escala de educadores sociais (A2); 12 na escala auxiliar de laboratorio (C2); 83 prazas na escala de persoal de servizos xerais (C2); 124 prazas na escala de axentes técnicos facultativos de educación infantil (C1/B); e 13 prazas na escala de gerocultor (C2).

Tamén se convocan 19 prazas na agrupación de persoal subalterno (AP) reservadas para persoas con discapacidade intelectual. Os interesados en participar nestes procesos terán 20 días hábiles (que se contan a partir do día seguinte ao da publicación no DOG) para facelo constar no modelo de solicitude electrónica que se facilita gratuitamente na páxina web da Dirección Xeral de Función Pública (funcionpublica.xunta.gal), e abonar a taxa que estea vixente no momento de presentala.

O modelo de solicitude está dispoñible na ruta 'Procesos selectivos' - 'Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos' e os aspirantes deben dispor dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave 365.

Miles de aspirantes realizan as oposicións en Silleda
Miles de aspirantes realizan as oposicións en Silleda | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta