Unións Agrarias e gandeiros piden á Xunta compensar a subida de custos en carne de vacún a todo o sector

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2024 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

Unións Agrarias e a Asociación Galega de Empresarios de Gando (Agega) instan á Xunta de Galicia a habilitar "orzamento suficiente" para compensar a subida de custos de produción en todo o sector produtor de vacún de carne.

Nun comunicado, ambas as organizacións celebran que a Consellería de Medio Rural habilitase fondos "para apoiar as producións amparadas na Indicación Xeográfica Protexida e, máis concretamente, a Tenreira Galega Suprema".

No entanto, lamentan os criterios escollidos "que deixan fóra non só ás explotacións que traballan á marxe da Indicación Xeográfica Protexida senón tamén ao 35% dos becerros criados dentro dela".

Ambas as organizacións fan un chamamento para que a administración galega "corrixa" o que ven como unha "discriminación" e que se faga en base á liña de axudas recentemente concedida aos produtores de Tenreira Galega. "E estenda ese apoio á totalidade do sector produtor de vacún de carne en Galicia".

Aínda que ambas as organizacións celebran a concesión de apoios, móstranse en desacordo cuns criterios de repartición que consideran "inxustos e discriminatorios", así como coa súa contía, "insuficiente para cubrir as necesidades dle sector".

Vacún de leite - Arquivo
Vacún de leite - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta