Es artista e queres actuar en Allariz esta Semana Santa?

O concello abre a convocatoria para inscribirse e participar no programa de dinamización turística e cultural 'Semana Santa ao Vivo' que se desenvolverá entre o 28 e o 31 de marzo.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 16/01/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A área de promoción económica do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para artistas que desexen participar no programa cultural da Semana Santa ao Vivo 2024.

Unha das actuacións da 'Semana Santa ao Vivo' 2023. Foto: Comunicación do Concello de Allariz.
Unha das actuacións da 'Semana Santa ao Vivo' 2023. Foto: Comunicación do Concello de Allariz.

Allariz recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa polo que, dende hai anos, o Concello organiza unha proposta cultural, que conxuga arte, tradición e cultura. Entre o 28 e o 31 de marzo, as rúas do casco histórico de Allariz acollen a artistas de diferentes estilos musicais, para amenizar o paseo de veciñ@s e visitantes.

Este proxecto cultural abrangue música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras.

O prazo de inscrición para artistas estará aberto dende o luns 15 de xaneiro ata o día 16 de febreiro ás 14:00h. e para participar é preciso coñecer as bases de participación e enviar un formulario debidamente cumprimentado que poderán descargarse na páxina web do Concello de Allariz, no apartado habilitado para esta acción cultutal. 

A selección será comunicada ás persoas inscritas a través de correo electrónico o día 23 de febreiro de 2024.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta