Temas: XUNTA DIXITAL

Nace 'XuntaEU', a aplicación para móbiles que concentra os principais servizos da administración dixital

A nova ferramenta electrónica aglutina os servizos autonómicos dixitais da administración nunha soa aplicación, para a que é necesario identificarse coa 'Chave365' ou o certificado de DNI electrónico. Xa está dispoñible para descarga en dispositivos con sistemas Android ou iOS.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2024 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A aplicación para móbiles 'XuntaEU', que concentra os prinicipais servizos da administración dixital a nivel autonómico, xa está dispoñible para descarga en dispositivos con sistemas Android ou iOS. A nova ferramenta electrónica aglutina os servizos autonómicos dixitais da administración nunha soa aplicación, para a que é necesario identificarse coa 'Chave365' ou o certificado de DNI electrónico.

Segundo explicou o Goberno galego nun comunicado este domingo, a aplicación permite acceder ás notificacións postas a disposición en 'Notifica.gal', así como acceder á información básica de expedientes e presentacións nas que o usario figure como solicitante ou representante. Ademais, tamén poden realizarse tramitacións relacionadas con estes expedientes, xa que a proporciona un acceso directo á sede electrónica.

Consultar a listaxe de cartóns ou carnés da Xunta e validalos é outra das opcións que permite a nova aplicación, a través da cal tamén se pode acceder a certificados como o de habilitacións profesionais, licenza de pesca marítima de recreo ou de pesca submarina. Citas, renovación de datos, consultas do 'Cartafol Cidadá' ou a recepción de avisos personalizados completan o catálogo de servizos da nova ferramenta electrónica da Administración galega.

Unha persoa renovando o seu DNI
Unha persoa renovando o seu DNI | Fonte: EFE - Arquivo

Temas: XUNTA DIXITAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta