18F.- Vox descarta que o candidato a presidir o partido nas eleccións vaia ser o neto de Fraga

O PP galego rexeita entrar a valorar nomes e mantén a súa estratexia de ignorar á formación que dirixe Santiago Abascal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2024 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Vox ultima a presentación do candidato a presidir a Xunta nas próximas eleccións galegas do 18 de febreiro e, aínda que o seu nome volveu a reaparecer este mércores, a formación descarta que Manuel Fraga Pedroche, neto do falecido Manuel Fraga, unha referencia no PP galego e estatal, vaia ter este papel.

O diario 'El País' publicaba na súa edición deste mércores que estaba sobre a mesa a posibilidade de que o asesor da formación de Abascal no Parlamento europeo ocupase este lugar, pero fontes do partido en Galicia confirmaron a Europa Press que non será o designado. Xa en 2020 apareceu o seu nome e quedou en opción barallada, sen chegar a ser o candidato.

Por outra banda, fontes da dirección estatal de Vox ratificaron a Europa Press que se está ultimando a decisión e que o aspirante á Xunta na Comunidade será presentado "nos próximos días". Aínda que oficialmente a dirección non confirma ningún nome, outras fontes consultadas por Europa Press apuntan a que a decisión pasará por un militante do partido, subliñando tamén o perfil "ideolóxico" do mesmo, que buscarán confrontar co do PP.

Pola súa banda, a preguntas dos medios, a secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, evitaba este mércores valorar o nome do neto de Fraga e a posibilidade de que lles fixese máis dano electoral que outro candidato, na liña da estratexia que seguen os populares galegos de evitar dar protagonismo a un partido que, reiteran, conta cunha edila en Avión como única representante institucional.

"NON TEÑEN CANDIDATO NIN PROXECTO PARA GALICIA"

"Queda pouco máis dun mes para as eleccións. Se hai algún partido que aínda non ten candidato, pois imaxínense vostedes o que vai influír no voto", apuntou, antes de engadir que Vox non ten aspirante nin tampouco "proxecto" para Galicia. Neste punto, mostrouse convencida de que a cidadanía galega "saberá valorar" que partidos teñen "proxectos serios" para a Comunidade, en referencia á súa propia formación, que dirixe Alfonso Rueda.

O líder de Vox, Santiago Abascal
O líder de Vox, Santiago Abascal | Fonte: Carlos Luján - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta