O Ano do Xestal pecha cunha visita guiada e un concerto este xoves en Carballo

Obras de teatro, concertos e charlas foron algúns dos actos promovidos polo Concello de Carballo no último ano para lembrar a traxectoria desta figura do municipio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2024 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O Ano do Xestal péchase este xoves, 4 de xaneiro, en Carballo cunha visitada guiada dramatizada con Hadrián García e un concerto do Colectivo Xestal (Xico de Cariño, Xan López e Toniño López).

Este evento contará coa presentación de Xurxo Souto. Celebrarase a partir das 19,00 horas no Pazo da Cultura, con entrada libre. Pechará así as súas portas a exposición 'O Xestal, unha vida de conto'.

Deste xeito celébrase o 31 aniversario da morte de Carlos Díaz, O Xestal, un músico e humorista autodidacta de Carballo, autor de 'Apaga o candil'. Precisamente, o pasado mes de maio máis de 1.500 nenos interpretaron esta canción na Praza do Concello carballesa.

Obras de teatro, concertos e charlas foron algúns dos actos promovidos polo Concello de Carballo no último ano para lembrar a traxectoria desta figura do municipio.

Acto de peche do Ano do Xestal. CONCELLO DE CARBALLO
Acto de peche do Ano do Xestal. CONCELLO DE CARBALLO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta