A Confraría de Cangas urxe solucións á vertedura de augas fecais

Afectadas as rías de Aldán e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2023 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A Confraría de Pescadores de Cangas demandou solucións ás verteduras de augas fecais ás rías de Aldán e Vigo e pide abandonar "polémicas estériles". Faino, sinala a xunta xeral nun comunicado, en resposta ás declaracións nos últimos días de "algúns políticos", con acusacións infundadas sobre a nosa participación no pleno", indica sobre a súa presenza na sesión plenaria municipal para reclamar unha solución.

"A Confraría de Pescadores de Cangas mantén un compromiso constante coa transparencia e a honestidade en todas as súas accións, a nosa prioridade é a defensa dos intereses dos pescadores e a sustentabilidade das nosas actividades", engade.

Tras rexeitar "filiación política", rexeita que se lles faga "partícipes de polémicas estériles" e asegura que as súas reclamacións en relación coas verteduras "non é un tema puntual nin illado, proba de de isto son as reiteradas denuncias presentadas a longo dos anos".

"Estas accións evidencian o noso compromiso continuo na loita contra as verteduras e na protección dos nosos recursos mariños", indica a Confraría, que critica "acusacións infundadas" e avanza que solicitarán unha reunión coa xunta de portavoces do concello para abordar este asunto. "É necesario unha fronte común e deixar á beira a demagoxia", incide.

A ría de Aldán.
A ría de Aldán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta