O festival Revenidas porá á venda o vindeiro martes os primeiros 500 abonos

Aínda non se anunciou o cartel.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2023 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O festival Revenidas, que se celebrará do 12 ao 15 de setembro no municipio pontevedrés de Vilaxoán, porá á venda 500 abonos "para fieis" o vindeiro martes, 2 de xaneiro, antes de anunciar o seu cartel.

Segundo informou a organización nun comunicado, a compra activarase a partir das 12,00 horas na web do festival e o prezo será de 46 euros máis gastos de xestión. Ademais, as persoas que compren estes abonos xa poderán reservar a zona de acampada desde a propia páxina. O festival aínda non avanzou ningún dos nomes que conformarán o cartel pero "manterá a súa filosofía" de incluír "destacadas figuras" da escena musical galega, estatal e internacional.

Tampouco faltarán as actividades paralelas que son "parte e historia fundamental" da cita como a tradicional sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, os concertos abordo e o percorrido por Vilaxoán.

OITO CANDIDATURAS NOS 'IBERIAN FESTIVAL AWARDS'

O Revenidas foi nomeado en oito categorías dos 'Iberian Festival Awards', entre as que se atopan mellor festival de tamaño mediano, mellor programación turística, mellor programa cultural ou mellor estratexia de comunicación e mercadotecnia.

Revenidas (2022)
Revenidas (2022) | Fonte: Foto cedida pola organización do festival - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta