Condenan a 21 anos de cadea a un home por delito de agresión sexual de carácter continuado

En concepto de responsabilidade civil, a Fiscalía reclama 25.000 e 50.000 euros para as dúas menores que denunciaron ser vítimas de agresión sexual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2023 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgou este martes a un home acusado dun delito de agresión sexual de carácter continuado a menor de 16 anos, un delito de abuso sexual de carácter continuado a menor de idade e un terceiro delito continuado de agresión sexual con penetración a menor de idade co agravante de parentesco.

Os feitos polos que está acusado terían lugar en varias ocasións e en lugares diferentes, entre os anos 2012 e 2016 no partido xudicial de Santiago. Naquel momento, o acusado era adestrador dun club de baloncesto e o tres vítimas eran nenas menores de 16 anos.

A Fiscalía de Pontevedra pide que este home sexa condenado a 21 anos e oito meses de prisión. Complementariamente, a representante do Ministerio Público tamén reclama ao tribunal provincial que impoña ao acusado unha orde de afastamento e prohibición de comunicación da primeira vítima por 11 anos, de 1 ano no caso da segunda e de 12 anos en caso da terceira, e que se lle someta a liberdade vixiada durante 15 anos, así como que se lle impida desempeñar actividades que impliquen contacto con menores. Actualmente traballa nun colexio.

En concepto de responsabilidade civil, a Fiscalía reclama 25.000 e 50.000 euros para as dúas menores que denunciaron ser vítimas de agresión sexual, no terceiro dos casos non solicita indemnización.

Exterior dos Xulgados da Coruña
Exterior dos Xulgados da Coruña | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

As tres vítimas declararon este martes na Audiencia de Pontevedra a porta pechada para protexer a súa intimidade e, ademais, fixérono protexidas por un biombo para evitar o contacto visual co acusado.

Unha delas era a súa noiva. Coñecéronse cando el acababa de cumprir 19 anos e ela tiña 14 e asegurou que a obrigou a manter relacións non consentidas. Outra era unha moza de 14 anos xogadora do equipo que adestraba e a terceira era unha nena de 13 á que daba clases de guitarra e supostamente realizou tocamentos.

O acusado declarou en audiencia pública negando todas as acusacións de abuso e agresión sexual. Si recoñeceu que mantivera relacións sexuais con dúas das mozas cando eran menores de idade, pero asegurou que sempre foran consentidas e negou os tocamentos á terceira menor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta