Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 19:26
Sumar Galicia encaixou a decisión de Anova-Irmandade Nacionalista --a formación que cofundou Xosé Manuel Beiras e da que actualmente é portavoz Martiño Noriega-- de romper de forma definitiva coa esquerda federal e manifesta que "respecta" as decisións daquelas persoas e organizacións que non senten apeladas.
"Nós interpelamos a persoas e organizacións que se sentisen representadas nos valores da esquerda, o progresismo, o ecoloxismo e o feminismo", sinalaron fontes da formación a Europa Press, as cales apostilaron: "se estas organizacións non senten interpeladas por eses valores, respectamos a súa decisión e seguimos adiante".
A formación que lidera Yolanda Díaz e da que é portavoz en Galicia Paulo Carlos López destaca que mantén a súa "folla de ruta clara". "Temos a forza necesaria e non nos pomos de perfil para sacar ao PP da Xunta. Imos de face; damos a cara pola xente, non facemos cálculos", incidiron estas mesmas fontes.
É máis, Sumar Galicia, que presentou este sábado xunto a Yolanda Díaz aos 50 membros da súa promotora, asegura que será "o parapeto que deteña as políticas" do PP e a que "construirá unha alternativa de goberno para o futuro do país, de Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.