Nace SOS Rural-Galicia, unha entidade que pretende "unir" o sector primario para defendelo en Madrid e Bruxelas

A entidade, de ámbito estatal, di que é apartidista, "pero non apolítica".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/12/2023 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Representantes do sector primario e do mundo rural de Galicia tomaron a decisión de unir as súas forzas a SOS Rural, un movemento cidadán e profesional que une a centenares de organizacións locais de toda España e cuxo obxectivo é pór en valor e defender a actividade produtiva e social do medio rural. O seu obxectivo preferente é agrupar aos poucos ao sector primario galego baixo o paraugas dunha plataforma estatal. Só así, segundo os seus promotores, "o berro agonizante dos gandeiros, pescadores, mariscadores e agricultores galegos poderá ter unha última oportunidade de ser escoitado e atendido nos foros onde se están tomando decisións tan nocivas que están a liquidar a prazos o medio rural galego, español e europeo".

Natalia Corbolán, voceira de SOS Rural nunha rolda de prensa
Natalia Corbolán, voceira de SOS Rural nunha rolda de prensa | Fonte: remitida

SOS Rural-Galicia é a primeira iniciativa autonómica da plataforma cidadá estatal independente nacida en abril de 2023 e que defende o mundo rural e a súa actividade económica. O movemento agrupa a centenares de organizacións de gandeiros, agricultores, pescadores ou mulleres rurais de toda España para poder defender de forma unitaria, profesionalizada e coordinada a supervivencia do sector primario e a forma de vida de nove millóns acodes.

Nun encontro con xornalistas en Santiago, Natalia Corbalán, unha dos portavoces estatais de SOS Rural, advertiu que "o sector primario traballa unido ou con convicción ou desaparecerá en quince anos". "Abrimos os brazos ao sector primario galego, que tanto está a sufrir, para que poida facer chegar a súa voz a Madrid e Bruxelas antes de que sexa demasiado tarde?", engadiu Corbalán, quen quixo explicar que as organizacións adheridas a SOS Rural manteñen a súa total independencia e actividade local.

Esta portavoz quixo salientar que SOS Rural é unha organización apartidista, que non apolítica, que reivindica as actividades do mundo rural, como a agricultura, gandaría, pesca e, en xeral, todas as que se xeran ao redor delas e as doutros moitos sectores adxacentes (loxística, cultura, turismo, gastronomía). O seu obxectivo é influír politicamente de forma decisiva para rectificar as inexplicables políticas que están a acabar coa agricultura, a pesca e a gandaría en España.

Tamén dixo que este movemento finánciase coas achegas dos seus asociados. Entre as súas accións está a posta en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para blindar por lei no Congreso dos Deputados as actividades primordiais do sector primario. Tamén fraguou unha alianza europea e presentou ante a Comisión unha Iniciativa Cidadá para protexer a actividade agraria e gandeira e a economía no mundo rural nos países da UE, que teñen problemas idénticos aos de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Natalia Corbalán: "PP y Vox: binomio necesario para salvar al Mar Menor" https://www.laopiniondemurcia.es/co...