Yolanda Castaño, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023

Faino por unha obra sobre a profesionalización do mundo da cultura, especialmente, no ámbito da literatura e poesía.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/12/2023 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

A obra "Economía e Poesía: rimas internas", de Yolanda Castaño, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. 

Imaxe da poeta Yolanda Castaño no Festival dos Eidos, en 2021
Imaxe da poeta Yolanda Castaño no Festival dos Eidos, en 2021 | Fonte: FESTIVAL DOS EIDOS - Arquivo

O ensaio premiado nesta edición do Premio Ramón Piñeiro, está dotado con 3.000 euros e será publicado por Editorial Galaxia durante o próximo ano. O xurado destacou neste ensaio a súa capacidade para abrir un debate sobre a profesionalización do mundo cultural e a necesidade de dignificar as e os traballadores da palabra en xeral, e da poesía, en particular, con remuneracións acordes ao valor e importancia do seu traballo.

"Defensor de posicións fondamente polémicas, este ensaio critica  procederes dos distintos axentes do sistema cultural tendentes á desprofesionalización do oficio autorial e á minusvalorización das súas achegas", indican os membros do xurado. Destacan que a obra establece un diálogo complexo, cheo de luces e sombras, que interpela a colectivos, institucións, artistas e profesionais incidindo na aposta polo xusto pagamento aos labores do oficio de poeta alén das concesións militantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Atrevemento da miña parte por non ter lido o ensaio: ¿A canto cotiza o verso? Seica volvemos a establecer as bases dunha Burguesía da Cultura que coma o Bardo de Asterix é mantido pola Aldea por se acaso é precisa a súa voz nos Grandes Eventos ? Eu sei de poetas que deron a súa voz ao vento eses son os que interesan... https://youtu.be/IXtOpYqj-lI A ver se dou lido algo da Castaño ?