Segue subindo a alimentación, un 10% en novembro, e a inflacción queda nun 3,3% en Galicia

O único ítem cunha caída no último ano é vivenda (-6,9%).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2023 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) en Galicia subiu un 3,3% en novembro en comparación co mesmo mes do ano anterior, aínda que o repunte é tres décimas menor que o interanual de outubro, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves.

A inflación galega é unha décima superior ao 3,2% de incremento en España, nun mes de novembro no que se produce unha moderación dos prezos debido ao abaratamento dos carburantes, os paquetes turísticos e os alimentos.

O maior incremento en novembro en comparación co mesmo mes do ano pasado prodúcese en alimentos e bebidas non alcohólicas, cun 9,6% máis. Séguelle hoteis, cafés e restaurantes (6,4%), así como bebidas alcohólicas e tabaco (5,7%). O único ítem cunha caída no último ano é vivenda (-6,9%).

En termos mensuais, a inflación en Galicia baixou un 0,2%, unha décima menos que no conxunto do país (-0,3%). Vestido e calzado (4,7%) e alimentos e bebidas non alcohólicas (0,6%) lideran os ascensos. En cambio, hai baixada en varias áreas, encabezadas por vivenda (-1,7%), transporte (-1,4%) e bebidas alcohólicas e tabaco (-1%).

DATOS ESTATAIS

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou un 0,3% en España en novembro en relación ao mes anterior e recortou tres décimas a súa taxa interanual, ata o 3,2%, debido ao abaratamento dos carburantes, os paquetes turísticos e os alimentos, que moderaron o seu crecemento medio punto, ata o 9%.

IPC en Galicia, datos de novembro de 2023. EPDATA
IPC en Galicia, datos de novembro de 2023. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta