Educadoras infantís volven saír á rúa para pedir un salario "xusto"

Claman en Galicia polo "desbloqueo" da negociación do convenio.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 13/12/2023 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Centenares de educadoras infantís clamaron este martes en distintas localidades galegas polo "desbloqueo" da negociación do novo convenio colectivo do sector, para que se lles recoñeza un salario "xusto" para as profesionais, na súa maioría mulleres.

Vigo, A Coruña e Santiago volveron a ser as cidades escollidas polos sindicatos para denunciar a "precariedade" do sector da educación infantil de 0 a 3 anos nas escolas de xestión privada e de xestión indirecta.

A berros de 'Convenio digno, salario xusto'; 'Nin gardarías, nin xardíns, somos escolas infantís'; 'Sóbese o IPC, os salarios tamén', ou 'A nosa vocación non paga facturas', decenas de educadoras protestaron ante o Museo Marco de Vigo a partir das 19.00 horas. Mesma situación deuse en Santiago e na Coruña, aínda que nesta última cidade comezou media hora antes.

Convocadas por Comisións Obreiras (CC.OO.), uníndose en Galicia a CIG e SNEP, así como UGT, as profesionais criticaron que tras máis de 10 meses a negociación continúa igual, con propostas que non permiten recuperar o poder adquisitivo perdido.

Por iso, tamén convocaron unha nova xornada de folga para o vindeiro martes, 19 de decembro, cunha manifestación en Vigo e na Coruña que comezará a partir das 11.30 horas.

Imaxe da concentración en Vigo.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Imaxe da concentración en Vigo.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta