A Eurorrexión Galicia Norte de Portugal apoia un proxecto para mellorar a resiliencia da área costeira neste espazo

O proxecto conta cun orzamento de 1,67 millóns de euros e está cofinanciado polo programa de cooperación Interreg España-Portugal Poctep e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional-Feder.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O Observatorio Costeiro da Xunta participa nun novo proxecto europeo coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, para mellorar a resiliencia costeira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O que busca é sentar as bases de políticas e instrumentos de planificación que axuden a preservar os ecosistemas litorais e a facer fronte aos riscos climáticos de forma conxunta. Na reunión de lanzamento en Vigo participaron a directora do Cetmar, Paloma Rueda, e a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez.

Segundo informou a Xunta, Capta permitirá a creación dun marco de cooperación transfronteiriza que permita identificar as ameazas, vulnerabilidades e riscos climáticos aos que se enfrontaron os espazos costeiros e establecer actuacións coordinadas para a súa conservación.

O proxecto conta cun orzamento de 1,67 millóns de euros e está cofinanciado polo programa de cooperación Interreg España-Portugal Poctep e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional-Feder.

O obxectivo é facilitar procedementos homoxéneos e información comparable sobre riscos climáticos, con accións conxuntas e avaliando o papel que prestan os ecosistemas litorais como sumidoiros de carbono a través do uso de novas tecnoloxías como satélites, vehículos aéreos non tripulados ou rede neuronais, entre outras.

O proxecto axudará a identificar novos indicadores ambientais para sistemas de alerta nun escenario de cambio climático e a aplicar metodoloxías comúns para a análise dos fluxos de CO2 e a captación de carbono azul na costa.

Capta tamén contribuirá a identificar as principais ameazas e riscos climáticos na zona costeira e a difundir o valor da cooperación transfronteiriza como apoio para unha mellor adaptación e resiliencia ao cambio climático, implicando especialmente á poboación máis nova nestas accións.

Reunión de lanzamento de Capta, en Vigo. XUNTA
Reunión de lanzamento de Capta, en Vigo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta