Temas: SANGUE ADOS NADAL

Petición para doar sangue antes do Nadal con necesidade de aumentar as reservas dos grupos A+ e 0+

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convidou a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas previas ás festas do Nadal, en especial os grupos A+ e 0+, dado que nos últimos días produciuse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos.

Nun comunicado, ADOS lembra que as tempadas de vacacións, como as próximas datas do Nadal, esixen dun esforzo na participación da cidadanía, pois pode descender o número de doazóns, pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios.

Por tanto, apela "á xenerosidade e colaboración" da cidadanía para conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para que os hospitais galegos desenvolver o seu labor asistencial.

A Axencia de Doazón lembra que as unidades móbiles estarán en distintos concellos de Galicia. Entre outras localidades, este mércores 13 visitarán Pontedeume, Baiona e Monterroso; o xoves 14, Mugardos, Pontecesures, Gondomar, Chantada, Nogueira Ramuín; e A Xunqueira; o venres 15, en Esteiro (Ferrol), Arteixo, boiro, marín, A Guarda, Monforte e O Carballiño; e o sábado 16 en Xubia (Narón), arteixo, Borio A Guarda e O Carballiño.

Ao longo destes días tamén pasarán polas urbes galegas, aínda que ADOS lembra que tamén se pode doar sangue nos locais existentes no sete grandes cidades.

Arquivo - Unha traballadora sanitaria doa sangue.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha traballadora sanitaria doa sangue.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: SANGUE ADOS NADAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta