O Festival de Cans abre a convocatoria para acceder á súa competición oficial

A súa XXI edición celebrarase do 21 ao 25 de maio de 2024.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O Festival de Cans, que celebrará a súa XXI edición do 21 ao 25 de maio de 2024, abre desde este mércores a convocatoria para poder acceder á súa competición oficial. Todas aquelas autoras e autores que o desexen poderán enviar as súas obras a concurso para participar nas diferentes categorías competitivas do certame, que este ano aumentará a dotación dedicada a premios ata roldar os 12.000 euros, segundo informan.

En concreto, destinaranse a recompensar os curtos premiadas nas diversas categorías, todas con dotación económica, ademais de diversas achegas económicas engadidas. As autoras e autores poderán inscribir as súas obras de maneira gratuíta na web do festival e terán de data límite para facelo ata o 3 de marzo de 2024.

Poderán inscribir curtametraxes nas categorías de ficción, animación, non ficción, coñecida como Furacáns, e Novas Camadas, destinada a impulsar ás creadoras e creadores menores de 25 anos, e a visibilizar as obras de novos cineastas xurdidos de escolas de cinema e diversas universidades.

Tamén se poderán inscribir videoclips para a competición oficial nesta categoría e longametraxes e outro tipo de obras, que completarán a programación nas diferentes seccións paralelas. Todas as obras deberán ser realizadas do ano 2023 en diante e darase preferencia na selección ás obras que sexan estreas absolutas.

Festival de Cans
Festival de Cans | Fonte: FESTIVAL DE CANS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta