Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 12:58
A Xunta de Galicia arquivou preto dunha decena de parques eólicos que non superaron os trámites ambientais, segundo se recolle nas resolucións do Diario Oficial de Galicia (DOG) publicadas este mércores. En concreto, trátase dos parques: Puza (entres os municipios de Avión e da Lama); Pena Ombra (Guitiriz, Curtis e Sobrado); Pedra Longa (A Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade); O Vao (Mazaricos e Outes); Mancelo (Covelo e A Cañiza); Alto da Croa (Dumbría e Vimianzo); A Picota (Mazaricos); A Espada (Agolada e Lalín) e A Costa (Mazaricos, Outes e Muros).
En todos estes casos cancélanse e procédese á devolución das garantías económicas depositadas pola empresas enerxéticas para responder as súas obrigacións en relación coa tramitación do procedemento. Así figura nas resolucións da Consellería de Economía, Industria e Innovación, asinadas a finais de novembro polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.