A Deputación acusa aos bombeiros de Vilalba de incumprir servizos mínimos: "Deberán afrontar consecuencias por vía xudicial"
O parque de Vilalba conta cun persoal de 20 efectivos dos cales a metade colleron a baixa e outros catro da bolsa de suplentes xa renunciaron. Esta "grave situación", denuncia a Deputación de Lugo, demostra que hai unha "estratexia orquestrada" por parte dos bombeiros "para non cumprir coas súas obrigacións".
Por Europa Press / Redacción | LUGO | 07/12/2023 | Actualizada ás 17:21