Desaloxado un edificio en Ames tras declararse un incendio nun dos baixos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2023 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Un incendio declarado nun dos baixos dun edificio da rúa Rosalía de Castro de O Milladoiro, en Ames obrigou a desaloxar por precaución aos veciños das vivendas.

Segundo a información proporcionada polo CIAE 112-Galicia, o lume iniciouse pasada a medianoite nunha empresa de informática situada nos baixos do edificio, presumiblemente por mor dun fallo eléctrico.

O incendio provocou unha forte fumareda no edificio, especialmente na zona das escaleiras. Ata o lugar foron mobilizados efecitvos do 061, Bombeiros de Boiro e de Santiago, GES de Brión, Garda Civil, Policía Local e membros de Protección Civil de Ames.

Tras finalizar a intervención, os Bombeiros indicaron ao 112 que, debido ao lume, un baño, unha oficina e o falso teito do baixo sufriran danos e, a maiores, o resto do edificio viuse afectado o fume. Unha vez levadas a cabo as tarefas de ventilación, os veciños puideron regresar ás súas vivendas e non se rexistraron danos persoais.

Dous bombeiros afrontan un lume e apagan o incendio nunha vivenda
Dous bombeiros afrontan un lume e apagan o incendio nunha vivenda | Fonte: César Argina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta