Máis de 30.000 galegos percibirán o Bono Coidados no Fogar e o complento ao Bono Residencia en xaneiro

Recibirano sen importar o seu grao de dependencia ou o seu nivel de ingresos económicos, recibirán de maneira automática os primeiros pagos co arranque do ano novo, sen necesidade de que teñan que facer ningún trámite administrativo. Estes primeiros pagos correspóndense coa nómina deste mes de decembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2023 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este venres a orde coas novas medidas para a mellora da atención á dependencia o Bono Coidados no Fogar e o complemento ao Bono Residencia, que comezarán a pagarse en xaneiro. Segundo explicou a consellería de Política Social, máis de 30.000 galegos, sen importar o seu grao de dependencia ou o seu nivel de ingresos económicos, recibirán de maneira automática os primeiros pagos co arranque do ano novo, sen necesidade de que teñan que facer ningún trámite administrativo. Estes primeiros pagos correspóndense coa nómina deste mes de decembro.

Coa publicación e entrada en vigor desta orde, o Executivo autonómico "cumpre co seu compromiso de seguir mellorando os coidados no ámbito da dependencia", destaca a Xunta. Para iso, destínanse máis de 150 millóns de euros ao ano a estas dúas medidas que converten a Galicia en "a primeira comunidade autónoma que emprende o camiño cara á universalización dos coidados".

O Bono Coidados no Fogar é unha axuda de 5.000 euros anuais para todas as persoas con dependencia que son atendidas nas súas casas, xa sexa por un familiar, un veciño ou calquera outra persoa da súa confianza. Pola súa banda, o complemento para todas aquelas que xa contan co Bono Residencia é de 1.200 euros ao ano. Na actualidade, Galicia supera a cifra das 73.000 persoas dependentes atendidas. Isto é, máis do 97 % das persoas que teñen recoñecida a súa dependencia reciben coidados e prestacións económicas, dez puntos por encima da media nacional, apunta Política Social.

Coidados no fogar
Coidados no fogar | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta