María Vázquez, Álvaro Gago, Xoel López, Janet Novás e 'El sueño de la sultana', nomeados galegos aos Goya

A cinta 'O corno', gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián, queda con só un nomeamento en actriz revelación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 30/11/2023 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A 38º edición dos Premios Goya deixa varios nomeados galegos, entre os que destaca María Vázquez, que optará a mellor actriz polo seu papel en 'Matria', unha película pola que o cineasta Álvaro Gago competirá en Mellor Dirección Novel. María Vázquez atópase nomeada a mellor actriz xunto a: Patricia López ('20.000 especies de abejas'), Malena Alterio ('Que nadie duerma'), Carolina Yuste ('Saben aquel') e Laia Costa ('Un amor').

Pola súa banda, Janet Novás concorrerá a mellor actriz revelación por 'O corno'. Chama a atención que esta sexa o único nomeamento da cinta de Jaione Camborda despois de gañar a Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián. Así mesmo, o músico coruñés Xoel López pode ser galardoado na categoría de mellor canción polo seu tema 'Eco', da película 'Amigos hasta la muerte'. Ademais, a cinta 'El sueño de la sultana', coprodución con participación da galega Abano Producións, atópase na categoría de Mellor Película de Animación.

FAVORITOS

'La sociedad de la nieve', de J.A. Bayona; '20.000 especies de abejas', de Estibaliz Urresola; 'Cerrar los ojos', de Víctor Erice, e 'Saben aquel', de David Trueba, son as favoritas na 38 edición dos Premios Goya, tal e como anunciou este xoves a Academia de Cinema. En concreto, '20.000 especies de abejas' lidera a carreira con 15 nomeamentos, fronte ás 13 de 'La sociedad de la nieve'. 

Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago
Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta