O 92,2% dos galegos de 16 a 74 anos usou internet o últimos tres meses

O 8,6% dos ocupados teletraballou e o 20% non o fixo aínda que o seu traballo non o permitía.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/11/2023 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O 92,2% dos galegos de 16 a 74 anos usou internet no tres últimos meses (tres puntos menos que a media) e o 85,9% diariamente (polo menos cinco días á semana), segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No conxunto estatal, o 95,4% das persoas de 16 a 74 anos utilizou internet no tres últimos meses (0,9 puntos máis que en 2022) e o 90% diariamente (2,9 puntos máis). En concreto, trátase da enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares, correspondente ao ano 2023.

En Galicia, o 51% das persoas consultadas, comprendidas entre esas idades, afirman comprar por internet durante o últimos tres meses.

TELETRABALLO

Mentres, na comunidade galega, de 1.099.869 ocupados (de 16 a 74 anos), o 8,6% teletraballou e o 20% non o fixo aínda que o seu traballo llo permitía. Segundo a enquisa, o 71,5% dos galegos ocupados non teletraballou porque o seu traballo non llo permitiría.

Unha persoa traballando cun computador./ IREKIA - Arquivo / Europa Press
Unha persoa traballando cun computador./ IREKIA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta