As mariscadoras da ría de Pontevedra, desesperadas ante a chegada da campaña de Nadal: "Hai moi pouca ameixa"

As mariscadoras a pé da ría de Pontevedra retomaron a actividade este luns tras o parón de dúas semanas co obxectivo de recuperar o produto por mor da alta mortaldade producida polas treboadas e a baixada da salinidade.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/11/2023 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

As mariscadoras a pé da ría de Pontevedra retomaron a actividade este luns tras o parón de dúas semanas co obxectivo de recuperar o produto por mor da alta mortaldade producida polas treboadas e a baixada da salinidade. En declaracións a Europa Press, a patroa maior de Lourizán, Mari Carmen Vázquez, explicou que se atoparon moi pouca ameixa, xa que necesitaron toda unha marea para poder completar unha cota de cinco quilos de ameixa xapónica, algo que normalmente se faría en moito menos tempo por "unhas cotas tan pequenas". "Custou unha chea", resume.

Así, apunta que volveron a marisquear a medio gas e mostra as súas dúbidas de como será a campaña de Nadal, que ve "complicada" porque "o que está morto xa está morto". Indica que para entón as mareas "son peores" e nas zonas altas haberá menos recurso. Non entanto, remarca que as mariscadoras son autónomas e necesitan traballar, xa que "en casa non se gaña diñeiro". Tamén resalta Mari Carmen Vázquez que o sector dos mariscadores á boia volveu este luns a faenar e marcháronse "desesperados" pola falta de recurso.

Vista dunha ameixa na enseada de San Simón, Rías Baixas, a 17 de novembro de 2023, Pontevedra
Vista dunha ameixa na enseada de San Simón, Rías Baixas, a 17 de novembro de 2023, Pontevedra | Fonte: Adrián Irago - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta