Automobilistas non paran nun grave accidente no que morreu unha persoa e outras dúas resultan feridas en Boiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2023 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Unha persoa morreu e outras dúas resultaron feridas tras unha colisión entre dous vehículos na AG-11, ao paso polo concello coruñés de Boiro, en sentido Ribeira.

Segundo informou o 112, foi ao fío das 21,00 horas cando recibiron o aviso dun particular. Con todo, a gravidade da situación pasou inadvertida para as primeiras persoas que deron a voz de alarma, xa que eran condutores que circulaban pola mesma e que non detiveron a marcha. A Garda Civil insiste sempre en que os primeiros vehículos que vexan un sinistro paren para axudar no caso de que sexa necesario.

Con todo, instantes despois, recibiron novas informacións doutros automobilistas que urxiron a intervención dos grupos de emerxencias ao atoparse unha persoa, en estado grave, atrapada dentro dun dos vehículos.

A central de emerxencias solicitou a colaboración dos Bombeiros de Boiro e tamén de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvar a vida desta persoa. Ademais, outros dous implicados necesitaron asistencia médica e un foi evacuado ao Hospital do Barbanza.

No operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico e Policía Local e os equipos de limpeza e mantemento que se ocuparon de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Accidente  con falecidos
Accidente con falecidos | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta