Falece un home de maneira repentina nun monte en Dumbría tras picarlle velutinas

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/11/2023 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Un home faleceu nun monte en Dumbría posiblemente, segundo trasladaría o seu irmán, que lle acompañaba, por mor da picadura de velutinas. Segundo informa o 112 ás 13.00 horas, un familiar do implicado, que o acompañaba no monte de Figueroa, trasladou que ao seu irmán parecía picarlle algún insecto e que, instantes despois, perdera o coñecemento.

Tras recibir o aviso, o 112 solicitou a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Dumbría. Ao mesmo tempo, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do home.

Vespas velutinas
Vespas velutinas | Fonte: SANDRA VERMELLAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta