Rescatado un neno logo de quedar coa cabeza atrapada entre os chanzos dunha escaleira en Brión

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/11/2023 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

Efectivos do grupo de emerxencias supramunicipal (GES) rescataron a un neno ao que quedou a cabeza atrapada entre os chanzos dunha escaleira en Brión. Os feitos, segundo informa o 112, ocorreron no interior dunha casa do lugar de Liñares.

Foron os propios efectivos do GES de Brión os que informaron ao 112 Galicia ás 19,45 horas deste xoves. Á súa vez, eles foran alertados a través dunha persoa particular, quen lles explicou que o menor implicado non necesitaba asistencia sanitaria, pero si axuda para ser liberado.

Entón, desprazáronse ata o lugar dos feitos e procederon a forzar os chanzos da escaleira, construída en madeira, rescatando ao neno. Tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil.

Un camión de bombeiros da Coruña
Un camión de bombeiros da Coruña | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta