Mellorarase o firme da estrada AC-261 ao seu paso por Boqueixón e Santiago

Esta intervención, adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por máis de 43.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2023 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

A Xunta acometerá novas obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-261 ao seu paso polos concellos de Boqueixón e de Santiago de Compostela, na provincia da Coruña. Esta intervención, adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por máis de 43.000 euros, comezará nas próximas semanas, cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

As obras consisten na rehabilitación do firme da estrada AC-261 en dous puntos da mesma, en concreto na contorna dos puntos quilométricos 2,000, en Aríns, no concello de Santiago de Compostela, e 8,000 en Lamas, no municipio de Boqueixón. Os traballos consistirán no fresado e na reposición de 5 centímetros da capa de rodaxe do firme existente nos citados puntos quilométricos. A reposición da rodaxe levará a cabo no ancho completo dos carrís.

As obras, que contribuirán a reforzar a seguridade viaria na zona, danlle continuidade ás diversas actuacións de mellora do firme que a Xunta leva acometido nos últimos anos en diversos tramos do trazado desta vía.

Limpeza estradas Xunta.
Limpeza estradas Xunta. | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta