Tanxugueiras colabora no novo disco de Hard Gz no tema 'Sangue'

Centrada no mar e a vida mariñeira, continúa co estilo do rapeiro, "describindo a súa realidade de maneira bela e crúa á vez".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/11/2023 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O grupo Tanxugueiras colabora no novo disco de Hard Gz, en concreto en 'Sangue', onde as integrantes poñen as súas voces, segundo informa o selo discográfico. Trátase dunha canción que vai no novo álbum de Hard Hz, 'Lacosta'. Centrada no mar e a vida mariñeira, continúa co estilo do rapeiro, "describindo a súa realidade de maneira bela e crúa á vez".

O tema chega na recta final da xira de Tanxugueiras, que fará a súa penúltima parada o día 24 en Burgos. "E culminará esta prolífica etapa ao grande nun concerto fin de xira o 16 de decembro no Coliseum da Coruña". Ademais, nas próximas semanas estarán a colaborar con La MODA, o 25 de novembro, e con Rayden, o 2 de decembro, en ambos os casos no Wizink Center de Madrid.

Arquivo - Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío, compoñentes de Tanxugueiras, en imaxes promocionais do seu novo disco, 'Diluvio'.. NEELAM KHAN VELA - Arquivo
Arquivo - Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío, compoñentes de Tanxugueiras, en imaxes promocionais do seu novo disco, 'Diluvio'.. NEELAM KHAN VELA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta