Convocado pola Deputación da Coruña un premio de boas prácticas en servizos sociais

As bases establecen que as entidades que presenten os seus proxectos deberán desenvolver a súa actividade en áreas como familia, infancia e mocidade e persoas con diversidade funcional.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/11/2023 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña convocou a terceira edición do Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais, un galardón co que pretende recoñecer ás entidades que traballan no campo social e na protección dos colectivos máis vulnerables na provincia.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases deste certame, que premiará o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña, e das persoas que están detrás delas, a favor do benestar social das persoas con máis dificultades.

As bases establecen que as entidades que presenten os seus proxectos deberán desenvolver a súa actividade en áreas como familia, infancia e mocidade e persoas con diversidade funcional.

Tamén persoas maiores; minorías étnicas e inmigración; drogodependencias e outros trastornos aditivos ou situación ou risco de exclusión social.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o vicepresidente, Xosé Regueira Varela. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o vicepresidente, Xosé Regueira Varela. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta