A Xunta personarase contra o Estado polos recursos contra as leis do Litoral e acompañamento de 2023

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2023 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A Xunta acordou a súa personación no proceso contra os recursos de inconstitucionalidade do Goberno central á Lei galega do litoral e á de medidas fiscais de 2023, coñecida como Lei de acompañamento aos orzamentos.

Así foi decidido polo Consello da Xunta celebrado este xoves no edificio administrativo de San Caetano. Rueda insistiu en que o informe do Consello de Estado sobre o que se sustentou un recurso contra a Lei galega do litoral ten unha motivación "cun altísimo contido política" que incorre unha "inxustiza".

Segundo manifestou Rueda, a análise do informe do Consello de Estado avala que a admisión a trámite do Tribunal Constitucional do recurso do Goberno suspende "o 15%" do contido da normativa aprobada no Parlamento galego e non o 40% como trasladou o Executivo central.

Con este paso, a Xunta prepara a súa resposta xurídica ante a impugnación destas dúas leis autonómicas coas que, para Rueda, queda de manifesto o trato distinto que realiza o Executivo de Pedro Sánchez para as comunidades autónomas.

Reunión do Consello da Xunta. XUNTA
Reunión do Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta