Expertos destacan a importancia de conservar o castiñeiro galego tradicional pola calidade da súa castaña

Este asunto será o tema das xornadas 'Luis Asorey' que organiza, este xoves, a Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 16/11/2023 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Expertos destacan a importancia de conservar os recursos xenéticos do castiñeiro galego tradicional, seleccionados ao longo dos séculos pola calidade da súa castaña. Este asunto será o tema das xornadas 'Luis Asorey' que organiza este xoves, día 16 de novembro, a Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo e que protagonizará o profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, Juan Luis Fernández, na institución provincial ás 19,00 horas.

Esta edición titúlase 'Os soutos de castiñeiros: ecosistemas multifuncionais', a través dunha serie de conferencias gratuítas que se desenvolven no salón de actos da Deputación de Lugo, en horario de 19,00 a 21,00 horas. Estas xornadas, que poderán seguirse a través da canle de Youtube da RAGC, están recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación do profesorado non universitario.

A conferencia deste xoves tratará sobre a conservación de recursos xenéticos do castiñeiro, en particular clons híbridos, cultivos tradicionais e árbores monumentais. Impartiraa Juan Luis Fernández Lorenzo, biólogo, profesor titular do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior deEnxeñaría de Lugo (Universidade de Santiago), responsable do seu Laboratorio de Micropropagación de Plantas.

O experto porá de relevo a importancia da conservación dos recursos xenéticos do castiñeiro en Galicia e incidirá nas estratexias actuais de conservación dos diferentes tipos de materiais, entre outras cuestións. Ademais, explicará a relevancia de preservar o valor xenético dos castiñeiros monumentais que están incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

O profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, Juan Luis Fernández./ RAGC / Europa Press
O profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, Juan Luis Fernández./ RAGC / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta