Estes cinco ríos galegos permanecen baixo vixilancia por caudal elevado

Existe risco de desbordamento debido ás precipitacións caídas nas últimas semanas que se acumulan.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2023 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Un total de cinco ríos permanecen baixo vixilancia por risco de desbordamento debido ás precipitacións caídas nas últimas semanas que se acumulan. De feito, a Xunta de Galicia mantén activo o Plan Inungal co fin de monitorar o nivel dos ríos posto que os caudais son elevados e poden producirse desbordamentos puntuais nos seus cursos.

Concretamente, atópanse no limiar de seguimento: Rego das Mestas (Valdoviño), Mandeo (Aranga), Castro (Cee), Dubra-Tambre (Val do Dubra), Barcala-Tambre (Negreira) e o Oitavén (Soutomaior). Neste contexto, é importante que a poboación adopte medidas de autoprotección que contribúan a garantir a súa seguridade.

Inundacións provocadas polo desbordamento do río Tambre.
Inundacións provocadas polo desbordamento do río Tambre. | Fonte: César Arxina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta