Inundacións en Dumbría e Mazaricos pola apertura do encoro da Fervenza e as fotes choivas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2023 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

As fortes choivas caídas ao longo deste luns, sumadas á apertura do encoro da Fervenza, causaron inundacións nos municipios coruñeses de Dumbría e Mazaricos, onde desbordou en río Xallas.

En concreto, unha das zonas máis afectadas foi a de Ponteolveira, onde algunhas edificacións sufriron a entrada de auga e quedaron alagados campos, camiños e pontes.

Nas inmediacións do encoro da Fervenza rexistráronse algunhas das precipitacións máis intensas deste luns, concretamente nas estacións de Fontecada, en Santa Comba, con 108 litros por metro cadrado; e de Coto Muíño, en Zas, con 95,8 litros por metro cadrado. Á auga caída sumouse a apertura das comportas do encoro, que levou a un incremento rápido do caudal.

Segundo informaron a Europa Press desde os servizos de emerxencias, esta é a segunda vez en pouco máis dunha semana que esta zona sofre inundacións, xa que a inicios deste mes de novembro a apertura do encoro e as choivas tamén provocaron o desbordamento do Xallas.

Río Xallas en Ponte Olveira
Río Xallas en Ponte Olveira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta