O PortAmérica 2024 celebrarase os días 4, 5 e 6 de xullo

Os artistas e chefs internacionais que participarán no festival aínda están por confirmar.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/11/2023 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O PortAmérica (festival galego que reúne música, gastronomía e comunidade) celebrarase na Azucreira de Portas os días 4, 5 e 6 de xullo. Os artistas e chefs internacionais que participarán no festival aínda están por confirmar. Na súa pasada edición, o festival bateu a súa marca e reuniu a máis de 40.000 persoas, quenes ocuparon ao completo os hoteis de Caldas de Reis e dos arredores.

SUSTENTABILIDADE

O equipo do festival desenvolverá, para este xoves 16, unha recollida de residuos no Encoro do Río Umia impulsada por Coca Cola. As persoas interesadas en ser partícipes desta actividade poderán inscribirse esta próxima semana. A última edición do PortAmérica tivo entre os seus obxectivos conseguir unha economía circular e conservar o medio natural próximo, motivos polos que se lle concedeu recentemente o Premio Fest 2023 na iniciativa de Sustentabilidade Social.

O PortAmércia 2024 celebrarase o 4, 5 e 6 de xullo
O PortAmércia 2024 celebrarase o 4, 5 e 6 de xullo | Fonte: PORTAMÉRICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta