CC.OO. acusa á Xunta de "ocultar" que as residencias de Amancio Ortega serán de xestión privada

UGT alerta que as listas de enfemería para os centros dependentes da Consellería de Política Social están compostas por cinco persoas en toda Galicia e que nas provincias de Lugo e A Coruña "non hai ninguén".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2023 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O sindicato Comisións Obreiras acusou á Xunta de actuar con "covardía" por pretender "ocultar" que as residencias de maiores construídas pola Fundación Amancio Ortega serán de xestión privada.

Segundo o sindicato, o departamento de Política Social que dirixe a conselleira Fabiola García pretende tapar que as sete residencias regaladas pola fundación do fundador de Inditex "continúan" a senda das privatizacións empregando "a eufemística fórmula de xestión indirecta de servizos públicos esenciais".

Despois de que a Xunta trasladase que sacará proximamente a licitación a xestión do centro entre entidades de economía social sen ánimo de lucro, Comisións entende que se trata da "confirmación" de que a residencia non será de xestión pública, como prometeu en 2017 o entón presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando anunciou a construción de sete centros de maiores (un en cada cidade).

"Pasados seis anos, nin as construíu o Goberno galego nin quere asumir a súa xestión directa", sentenciou Comisións, que censurou a "pouca ou nula información" que achega a Consellería de Política Social, á que lembra que o peso das prazas públicas no sistema residencial galego "é mínimo" ao non alcanzar o 20%.

Para o sindicato, "non é certo" que a usuarios e á cidadanía en xeral "non lles importe" o modelo de xestión porque son conscientes de que os servizos públicos "páganse cos impostos de todos" e que os privados "acaban sendo máis caros e de peor calidade".

Tamén desmente que a xestión por parte dunha organización social sen ánimo de lucro supoña un abaratamento respecto da xestión directa posto que, segundo argumenta CC.OO., estas entidades "non traballan gratis".

"O beneficio que consegue a entidade adxudicataria é a diferenza entre o que lle paga a Xunta por desentenderse da xestión e o custo real do servizo prestado", incidiu Comisións, que pon o foco nas condicións laborais dos traballadores, "peores" que as de centros públicos.

ENFERMARÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Doutra banda, UGT emitiu un comunicado este mércores no que alerta que as listas de enfemería para os centros dependentes da Consellería de Política Social están compostas nestes momentos por cinco persoas en toda Galicia e que nas provincias de Lugo e A Coruña "non hai ninguén".

O sindicato censurou o "pouco interese" do departamento de Fabiola García e da Dirección Xeral de Función Pública á hora de "resolver os problemas de xestión diarios de cobertura de postos ante os incidentes, vacacións, permisos e demais situacionesque afectan o seu persoal e, por tanto, ao servizo que se presta a losusuarios".

Así, advertiu que o próximo período de vacacións "pode estar en perigo" debido ás carencias en número de persoal dispoñible, o que suporía unha vulneración dos dereitos dos traballadores.

Alfonso Rueda visita a residencia do Castiñeiriño / DAVID CABEZON @ XUNTA - Arquivo / Europa Press
Alfonso Rueda visita a residencia do Castiñeiriño / DAVID CABEZON @ XUNTA - Arquivo / Europa Press

LUZ VERDE DA XUNTA


O Consello da Xunta deu luz verde este xoves á licitación do contrato para a xestión social das residencias de maiores de Santiago de Compostela e Lugo, dúas das que financia, constrúe e equipa a Fundación Amancio Ortega e cuxa xestión se fará a través desta forma e non directamente por parte da Administración autonómica, o que foi obxecto de críticas.

Este paso avanza na entrada en funcionamento destes dous centros, despois de que hai dúas semanas a Administración galega recibise a chave da residencia construída no barrio compostelán do Castiñeiriño, coa intención de que funcione a comezos de 2024. A de Lugo será a próxima a formar parte da rede pública da Xunta e suporá, entre as dúas, a posta a disposición de 240 novas prazas públicas para atención a persoas maiores en situación de dependencia, 120 en cada unha delas.

Os dous centros terán unha "xestión social", xa que o procedemento de licitación está reservado para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. A duración inicial do contrato é de dous anos, coa posibilidade de prorrogalo por un ano máis e o orzamento é de 10,9 millóns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta