Rueda sobre os Audis: "Nós xa fixemos o cambio de coches. Outros organismos terán que explicalo eles"

O presidente da Xunta evita valorar o uso de berlinas de alta gama polos altos cargos do Consello de Contas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/11/2023 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

"Nos no 2009 --cando o PPdeG chegou ao Goberno da Xunta da man de Feijóo-- xa fixemos todo o cambio de coches. A nosa responsabilidade xa a cumplimos. Sobre o que fan outros organismos pois non me podo responsabilizar. Hai que prenguntarlle a eles". Foi a resposta que deu o presidente da Xunta sobre a decisión do Consello de Contas de adquirir tres berlinas de alta gama nun concurso que aínda está aberto por 226.163,52 euros, IVE incluído, tal e como publicou Galicia Confidencial.

O polémico Audi de Touriño que subastou a Xunta
O polémico Audi de Touriño que subastou a Xunta | Fonte: EP

 

O conselleiro maior e os conselleiros usan Audis xa desde a época de Manuel Fraga e co novo concurso público pretendese a adquisición de tres vehículos en modalidade de renting durante 48 meses tras esgotarse o renting dos veículos actuais.

Segundo o expediente aberto para a contratación destes veículos, para o seu cálculo tivéronse en conta os prezos medios de mercado, a razón de 1.298,00€ de custo unitario mensual por vehículo, máis IVE, tendo en conta que no custe unitario están incluídos os gastos xerais (13%) e o beneficio industrial (6%). Curiosamente, o Consello de Contas é o organismo encargado de fiscalizar as contas das entidades públicas de Galicia.

A POLÉMICA DOS AUDIS

O ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, iniciou unha guerra contra os "audis de Touriño e Quintana" durante os meses previos ás eleccións de 2009, cando era líder da oposición. Unha campaña que entrou moi ben en determinados medios de comunicación, especialmente, en La Voz de Galicia. 

Posteriormente, e tras facerse co Goberno galego, xubilou os coches de alta gama herdados dos gobernos do seu mentor, Manuel Fraga, e do bipartito de PSdeG e BNG. Uns días despois de ser nomeado presidente anunciaba a adquisición de 11 vehículos Citroën para el e os seus conselleiros. Pero tiveron que pasar seis anos e medio para desfacerse dos últimos veículos de alta gama que estaban nos garaxes de San Caetano cheos de pó.

Foi, precisamente a Vicepresidencia da Xunta, por aquel entón en mans do actual presidente, Alfonso Rueda, a encargada de iniciar o procedemento de compra para renovar parcialmente o parque móbil da Administración galega en 2015. Fíxose recorrendo á fórmula do leasing e incorporando 76 turismos de varias clases e para diversos usos, así como 12 todoterreos en exclusiva para axentes da Policía Autonómica. En total destinaronse 1.555.034 euros ademais de deixarlle ao contratista 129 coches vellos. De feito, tras esa operación, a Xunta presimuiu de que o parque móbil é un 10 % inferior ao do 2009 e os gastos de mantemento caeron un 18%, "aforrando 500.000 euros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Pipi

O organismo chamase Consello de Contas

1 xoca

Nos quere decir Feijoo porque este presidente é unha mala sucursal. Non se gasta porque non se inviste e tampouco se aforra porque lle buscan acomodo partidista os cartos.