A confraría de Noia presenta un ERTE ata abril para 64 traballadores tras a chegada de marisco aos areais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2023 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A confraría de pescadores de Noia presentou un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) para 64 traballadores dun persoal de 90 persoas tras a morte de toneladas de cría marisco chegadas no últimos días aos areais da zona. En declaracións a Europa Press, o secretario da confraría de Noia, Adelo Freire, explica que agora a Xunta deberá resolver sobre esta proposta de ERTE, aínda que esperan que a decisión sexa "rápida".

En concreto, os afectados polo ERTE son traballadores de lonxa, vixiantes, administrativos e persoal de limpeza, entre outros, de forma que "se manterá o mínimo" en funcionamento con "xente de criadeiro, algunha persoa en oficina para dar servizos e algún vixiante para os bancos".

Relata que no pasado tan só recorreran a esta figura para casos concretos dun par de persoas de laboratorio ao estar pechados os bancos, pero nunca a este nivel. Todo iso debido aos problemas que se viven tras unha campaña de só oito días, á que agora se une a morte masiva de marisco, polo que "chove sobre mollado".

"Por encima a esperanza que tiñas veuse abaixo pola mortaldade masiva, o que fai que non poidas asumir ter a 90 persoas, o que é lóxico se se pecha a lonxa, polo que se busca que non queden desamparados", e é que "algúns non teñen nin paro porque empezaron fai oito días". Igualmente, o patrón maior da confraría, Santiago Cruz, calcula que se retiraron unhas 70 toneladas de cría de marisco nos últimos días das praias, o que se poderá recuperar non pasará de "entre o 15 % e o 20 %", pois "moito berberecho estaba aberto xa".

Marisco na praia de Testal, en Noia, tras o paso da borrasca Domingos
Marisco na praia de Testal, en Noia, tras o paso da borrasca Domingos | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta